top of page

Taller de Creación de Contidos Dixitais contra a violencia de xénero

Estás estudando na E.S.O dos institutos de Cerceda?

Interésache o mundo dixital e a creación de contidos? (vídeos, reels, tiktoks...)


⬇️ Incríbete ao final desta páxina ⬇️


Neste taller de creación de contidos dixitais traballaremos de forma moi práctica o proceso creativo á hora de xerar contidos dixitais e prepararemos unha campaña para sensibilizar na loita contra a violencia de xénero.

🟣 Os venres, de 18h a 20h

do 11 de marzo ao 8 de abril

na biblioteca municipal de Cerceda


Imparte: Xeneme Innovación Social


🟣 O programa do taller vai enfocado a responder ás necesidades nos procesos creativos, a resolver dúbidas, a escoitar as necesidades da mocidade e a fozar coas ferramentas de creación dixital para xerar unha campaña (ou o que xurda) para a sensibilización contra a violencia de xénero.


Este taller é para ti se:

  • Es unha moza/o que cursa a E.S.O nun instituto de Cerceda.

  • Gústache facer vídeos, reels, tiktoks, fotos...

  • Queres aprender a facer contidos dixitais co teu teléfono.

  • Queres mellorar as túas habilidades creativas.

  • Estás concienciada/o coa igualdade de xénero e contra a violencia de xénero.


⬇️⬇️ INSCRÍBETE NO SEGUINTE FORMULARIO ⬇️⬇️




bottom of page