top of page

Obradoiro Mural de Arte Urbana

25 e 26 de xuño de 2022.


Para iniciar o verán con actividades de exterior e non perder de vista o traballo constante pola igualdade, achegamos desde o concello de Cerceda un obradoiro de arte urbana onde se creará un mural no exterior do auditorio.

A temática estará orientada á igualdade e á prevención da violencia machista. O obradoiro desenvolverase polo equipo de 7hcoop.gal, unha empresa de economía social que usa as expresións artísticas e a participación como ferramentas de cambio social.


O obradoiro realizarase os días 25 e 26 de xuño, nun horario de 10:00 a 18:00, polo que haberá que levar merenda-comida. En calquera caso, ás persoas inscritas daráselle unha lista de cousas que teñen que levar.


As prazas están limitadas (12) así que bule e reserva a túa. As prazas daranse por orde de inscrición e porémonos en contacto coas inscritas para darlle as indicacións pertinentes.

Cartel do obradoiro


Así foi o resultado:




bottom of page