A mocidade cada vez está máis concienciada coa violencia de xénero. As novas xeracións están medrando cunha visibilización e loita constante contra a lacra do maltrato e violencia contras as mulleres.
A primeira lei contra a violencia de xénero data de 2004, que contou cun completo consenso de todo o país para lograr a primeira lei deste tipo en toda Europa.
Neste contexto a xuventude ten moitas máis ferramentas para a prevención da violencia de xénero, mais as redes sociais, a tecnoloxía e os novos modos de control poñen e alerta sobre os novos tipos de violencia de xénero que trataremos en seguintes capítulos.
A violencia de xénero na mocidade ten unhas peculiaridades e novas formas de ser que precisan dunha revisión a parte.
4.1. O problema da violencia na xuventude
Un dos problemas máis visibles da sociedade segue sendo a violencia, e a xuventude é a principal vítima e agresor da mesma. É un grave problema social que non só afecta á propia mocidade, senón tamén ás súas familias, amigos e comunidades.
Esta denominada "violencia xuvenil" é un problema de saúde pública, que se visibiliza en casos de bullying nos colexios, maltratos psicolóxicos en nenos de corta idade, intimidación nos adolescentes, casos de agresións físicas e sexuais e incluso homicidios.
Hai moita conexión entre a violencia xuvenil e a violencia de xénero, xa que unha persoa violenta ou conflitiva pode desencadear en actitudes de maltrato ou abuso ás mulleres. A mocidade ou adolescentes violentos adoitan ser mentireiros compulsivos, condutores imprudentes, ter grandes taxas de afección a enfermidades de transmisión sexual e unha serie de problemas asociados como o consumo de drogas e absentismo escolar.
Aínda que non todos os mozos violentos teñen necesariamente asociados os mesmos problemas.
Recollemos algúns datos que deixa o Estudio da violencia de xénero na xuventude de INJUVE:
-No mundo prodúcense 199.000 homicidios anuais entre mozos de idades comprendidas entre os 10 e os 29 anos (OMS).
-O homicidio resulta ser a 4º causa de morte neste grupo de idade.
-A escala mundial, o 83% dos mozos vítimas de homicidio son de sexo masculino, e a maioría de homicidas tamén son varóns, sendo a taxa de homicidio xuvenil entre mulleres moito máis baixa de forma xeral.
-A violencia sexual afecta a un porcentaxe considerable de mozos. A OMS estima que entre un 3% e un 24% de mulleres foron forzadas na súa primeira experiencia sexual.
-Unha das manifestacións da violencia xuvenil é a violencia de xénero.
-O consumo temperá de alcohol, drogas e tabaco; a exposición a violencia na familia, vínculos deficientes na relación cos pais e nais ou a delincuencia son algúns dos factores de risco á hora de analizar a violencia xuvenil.
Ao falar de factores de risco cómpre entender como inflúen na conduta dun maltratador. Como xa explicamos, o maltrato non é algo innato, a violencia apréndese. A relación dun maltratador coa vítima establécese de persoa a obxecto, no de persoa a persoa, que significa que a consideran da súa propiedade e que poden controlada e dominala baixa a violencia física e psicolóxica.
Estes maltratadores exercen violencia de xénero ao reproducir patróns de conduta patriarcais aprendidos e transmitidos de xeración en xeración, e adoitan ser homes con actitudes sexistas e/ou sexualmente hostís.
4.2. O perfil do maltratador
Un dos grandes temas a estudiar cando se investigan os casos de violencia de xénero son as características dos maltratadores que a exercen. Como falamos no apartado de prevención, hai unha serie de "sinais" que nos poden alertar dun futuro posible maltrato. Coñecendo e definindo un perfil de maltratador podemos atallar a tempo futuras condutas violentas ou de maltrato, se ben cada caso ten algunha característica propia que o diferencia do resto.
Ofrece una boa imaxe pública:
O maltratador adoita estar aceptado e adaptado socialmente. En moitos caso escóitanse comentarios da veciñanza, amigos ou persoas próxima á familia que nunca se imaxinarían que ese home exerce violencia de xénero. Exercen a violencia contra persoas coas que teñen unha estreita e íntima vinculación. Teñen unha imaxe pública de "bo pai", de "bo traballador" ou "bo profesional", "serio e responsable"... por iso ao coñecerse publicamente un caso de violencia de xénero a contorna familiar non acepta a dura realidade.
Complexo de inferioridade e baixa autoestima:
Na maioría de casos de violencia de xénero esta característica está presente nos maltratadores. Teñen sentimentos de inferioridade con respecto ás persoas que lles rodean que lles producen unha enorme frustración, a mesma que lles pode provocar expresar ira contra quen considera máis débil ou vulnerable.
Necesidade de poder e autoridade:
É habitual que o maltratador sexa egocéntrico e que teña un elevada necesidade de exercer poder e dominio. Adoitan ser autoritarios, intransixentes e queren impoñer a súas opinións noras e costumes en todo ámbito onde poidan.
Ten interiorizado estereotipos clásicos de xénero:
Consideran que o home é forte, dominante e controlador; mentres que a muller ten que ser submisa, obediente, cariñosa e dependente. Utilizan estes estereotipos como pretexto do seu uso da violencia para reforzar o seu papel dominante.
Baixa empatía e asertividade:
A asertividade é unha habilidade social que consiste na capacidade para relacionarse e comunicar as túas ideas e sentimentos sen ferir á outras persoas. A asertividade é un característica da persoas con confianza e amor propio, e como xa explicamos é algo do que carecen os maltratadores. A falta de asertividade maniféstase en actitudes intolerantes, o desprezo polas opinións ou dereitos da muller e situando as súas propias necesidades en primeiro lugar. Crueis, insensibles, testudos e ríxidos nas súas opinións son persoas que demostrar unha nula empatía cos sentimentos e provocan maltrato á súa parella, fillos e incluso mascotas.
Celos, control e posesión:
Os celos inxustificados e patolóxicos cara a calquera varón da contorna, controlar de forma gradual todo o que fai a súa parella até facela dependente e ter unha actitude posesiva cara a muller coma se de un obxecto se tratase. Illa á vítima da súa familia, amigos ou persoas de confianza para que estas persoas non poidan influír na relación e que así decida cortar.
Manipulación:
A maioría dos maltratadores presentan unha elevada capacidade de manipulación sobre a vítima, conseguindo a súa dependencia emocional. Ao comezo da relación móstranse encantadores, e así como avanza a mesma e hai máis confianza incrementan o seu comportamento manipulador. Provocan que a vítima se sinta culpable por cousas que nin sequera fixo e xustifica o uso da violencia que exerce.
4.3. A pornografía na adolescencia
O aceso á pornografía de forma circunstancial pode producirse desde os 8 anos. En mozos adolescentes, normalízase o consumo de pornografía a partir dos 13 anos. Os teléfonos e ordenadores portátiles facilitan o aceso desde calquera sitio posible, e ao ser algo "anónimo" e gratuíto fan que os mozos se acheguen a estes contidos.
A pornografía está dirixida a persoas adultas, e o seu consumo por parte de persoas adolescentes sen madurez suficiente como para afrontalo de forma positiva non está recomendado. Mesmo en adultos o seu consumo habitual pode ter consecuencias negativas, mais nun mozo adolescente poden ser perigosas para a súa saúde e para as mozas adolescentes ou mulleres en xeral coas que se relaciona.
Consecuencias e riscos:
Normalizar formas de violencia cara as mulleres.
Considerar ás mulleres obxectos para a súa satisfacción
Imitar prácticas sexuais sen protección
Adicción á pornografía
Evolucionar cara contidos extremos ou perigosos
Desenvolver complexos e baixa autoestima
Existe unha loita recente contra a pornografía, xa que antigas actrices confesaron ter sido vítimas de violacións, abusos e agresións sexuais. Normalizar que non se faga caso a un "para", "estasme facendo dano", "ai!", "iso non me gusta" e expresións similares, fai que un adolescente poida velo como normal na vida real.
O papel dos pais, nais e familiares é fundamental para ter un coñecemento de como afrontar este tema. Temos que ser conscientes que o noso irmán, curmán ou amigo ten un aceso rápido e sinxelo á pornografía, polo que a prohibición ou evitación é imposible e pouco efectivo.
Unha posible solución pasa por unha formación sexual e afectiva que faga fronte á pornografía machista e violenta nos colexios, así como un maior control legal e ético da industria pornográfica.
Moitos dos riscos e consecuencias que provoca a pornografía encaixan no perfil de maltratador que vimos anteriormente.
Fontes: Injuve: La violencia de género en los jóvenes. Una visión general de la violencia de género aplicada a los jóvenes en España; e tuhijoveporno.com