¡¡ AMPLIAMOS O PRAZO DE INSCRICIÓN ATÉ O 15 DE DECEMBRO !!
Con motivo da conmemoración do 25 de Novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, e cos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, o Concello de Cerceda convoca o I Certame creativo de escolares contra a violencia de xénero.
FAI A INSCRICIÓN NO FORMULARIO QUE ESTÁ NA PORTADA DESTA WEB
MULLERCERCEDA.ORG

BASES
1. En que consiste o certame?
O obxecto do certame é a creación de mensaxes artísticas e/ou audiovisuais para a loita contra a violencia de xénero.
Divídese en dúas categorías:
1. Nenos/as de 6 a 11 anos (ambos incluídos):
Creación dun debuxo en modo cartel coa temática do certame.
2. Mocidade de 12 a 16 anos (ambos incluídos):
Creación dun vídeo estilo TikTok coa temática do certame.
2. Participación
Non se permite máis de unha proposta por participante. A inscrición é totalmente gratuíta.
3. Requisitos das creacións
1. Categoría nenos/as de 6 a 11 anos (ambos incluídos):
Debe ser material orixinal creado pola persoa participante..
Debuxos feitos de forma manual sen retoques nin edicións dixitais.
Unha vez feito o debuxo, facerlle unha foto ou escanealo para presentar ao certame en formatos habituais (jpg, png).
Que se adecúe á temática do certame.
2. Categoría mocidade de 12 a 16 anos (ambos incluídos):
Debe ser material orixinal creado pola persoa participante..
Vídeos en formatos de arquivo comúns (os aceptados polas redes sociais máis habituais).
Que non superen 1 minuto de duración.
Que se adecúe á temática do certame.
4. Datas e fases
Inscrición: Aberta até o 15 de decembro ás 22:00h.
Selección do xurado: 16 de decembro.
Comunicación creacións premiadas: 17 de decembro.
5. Inscrición e datos solicitados
As inscricións poderán facerse a través da páxina web MULLERCERCEDA.ORG pertencente ao Concello de Cerceda.
Datos solicitados:
Datos da persoa participante:
Nome e apelidos.
DNI e data de nacemento.
Centro de ensino onde está matriculada.
Datos da nai/pai/representante legal (conforme da o seu consentimento para participar no certame).
Nome e apelidos
DNI
Dirección
Teléfono
Email
Adxuntar o arquivo co que participa no certame.
6. Xurado e selección
A organización do concurso facilitará a un xurado cualificado e representativo composto por persoas relacionadas co ámbito da violencia de xénero e servizos sociais.
Dito xurado fará unha revisión das propostas valorando numericamente os criterios de orixinalidade, dificultade e valor da mensaxe.
7. Premios
Hai dous premios para cada categoría.
1. Categoría nenas/os de 6 a 11 anos (ambos incluídos)
1º premio: Vale de 100€ para gastar nun comercio local.
2º premio: Vale de 50€ para gastar nun comercio local.
2. Categoría mocidade entre 12 e 16 anos (ambos incluídos)
1º premio: Vale de 100€ para gastar nun comercio local.
2º premio: Vale de 50€ para gastar nun comercio local.
As persoas gañadoras escollerán un comercio local do Concello de Cerceda onde gastar a totalidade do seu vale.
A data límite para gastar o vale no comercio local é o 31 de decembro de 2021.
8. Protección de datos e propiedade intelectual
A participación no presente certame implica a autorización por parte de cada participante aos efectos del artigo 12 e seguintes do Regulamento da Lei de Protección de Datos de Carácter Persoal (R.D. 1.720/2007 de 21 de decembro) a favor do CONCELLO DE CERCEDA para o tratamento dos seus datos para as seguintes finalidades:
Para a participación e entrega dos premios do presente certame.
Tales datos integraranse nun ficheiro automatizado cuxo responsable e titular será o CONCELLO DE CERCEDA e trataranse conforme as disposicións da Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de Protección de Datos de carácter persoal (en adiante, LOPD) e ao Regulamento que a desenvolve. De acordo coa LOPD, as participantes poderán exercitar os seus dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición mediante escrito no REXISTRO XERAL dirixida ao CONCELLO DE CERCEDA con enderezo AVENIDA DO MESÓN 21, 15185 - CERCEDA (A CORUÑA).
En canto aos dereitos de propiedade intelectual, a participación no certame implica a autorización de cesión de dereitos de propiedade intelectual ao Concello de Cerceda para a exhibición, difusión, comunicación e/ou calquera outro uso das creacións artísticas audiovisuais presentadas ao certame.
9. AUTORIZACIÓN LEGAL
A nai, pai ou representante legal autorización a participación da menor ao facer a inscrición no certame. Do mesmo xeito, as representantes legais consenten de forma automática ao participar no certame a utilización, publicación e reprodución sen limitación, por parte do Concello de Cerceda; da obra, imaxe e nome en calquera tipo de publicidade, promoción, publicación, incluído internet ou calquera medio da natureza que sexa, con fines informativos sempre que estes se relacionen co presente certame, sen que dita utilización confira remuneración ou beneficio algún.
10. ACEPTACIÓN DAS BASES
A participación no certame supón a aceptación íntegra das Bases, a expresa renuncia das Participantes e as súas representantes legais a realizar impugnación algunha sobre as mesmas e ao exercicio de calquera outra acción administrativa ou xudicial que puidese corresponderlles. As Participantes, as gañadoras así como as súas representantes legais eximen expresamente á Organización, así como ás empresas promotoras ou colaboradoras da presente promoción da responsabilidades derivadas do mal funcionamento do servizo de correos ou da rede da internet, dos servidores e de cuantos axentes participen na difusión da páxina web na rede, non tendo nada que reclamar contra ningún dos entes antes apuntados.
11. CLÁUSULAS FINAIS
A organización resérvase o dereito de efectuar modificacións sobre estas normas para mellorar, corrixir ou atender a eventualidades que poidan darse no transcurso do certame.
A organización resérvase o dereito de modificar, suspender ou interromper este certame por causas xustificadas ou que contraveñan ao espírito do mesmo sen que poida derivarse responsabilidade algunha.
A organización resérvase o dereito de efectuar todas as comprobacións ou a realizar todas as accións que considere oportunas para velar pola legalidade das inscricións.
As persoas que se presenten a este certame, responsabilizaranse da orixinalidade e autoría das creacións. A participación fraudulenta dará lugar a exclusión inmediata da solicitude presentada sen prexuízo doutras responsabilidades que puideran esixirse pola mesma.
A organización resérvase o dereito de publicar e difundir as creacións presentadas, resulten ou non premiadas, recoñecendo a autoría das mesmas.
O Concello de Cerceda en ningún caso será responsable das opinións, xestos, ou calquera responsabilidade derivada da comunicación ou exhibición da imaxe, voz ou de outras actuacións de difusión da persoa que participa no certame.
12. DÚBIDAS
Para a resolución de dúbidas sobre a mecánica, premios e/ou funcionamento do certame, as usuarias poden contactar a través da páxina web mullercerceda.org