II Plan para a Igualdade entre homes e mulleres da comarca de Ordes 2018-2022

O Concello de Cerceda é consciente de que a Administración local, pola súa proximidade á poboación, debe ter un maior grao de implicación no deseño e na aplicación de iniciativas que promovan a igualdade real de homes e mulleres.

Para conseguirmos este fin entendemos que é necesario pór en marcha todas as ferramentas con que contamos (políticas e administrativas), pero tamén dispor dunha folla de ruta que, axeitándose á nosa realidade local, nos marque as pautas de como facelo axeitadamente.

Foi así como naceu o I Plan municipal de igualdade de oportunidades do Concello de Cerceda (2005-2007), un documento comentado e contrastado política e socialmente que, dun xeito transversal, sentou obxectivos e accións concretas en nove áreas: Información, comunicación e sensibilización; Educación e cultura; Deportes; Urbanismo e medio ambiente; Formación e emprego; Participación e asociacionismo; Benestar social; Saúde; Prevención e actuación ante a violencia.

Todas as que participamos na súa elaboración temos o convencemento de que foi unha ferramenta útil ao alcance de toda a poboación de Cerceda.

 

É por iso que, convencidos e convencidas como estamos de que a súa aplicación nos pode axudar a construírmos un futuro máis igual, e polo tanto máis xusto, incorporamos o II Plan de Igualdade entre homes e mulleres da comarca de Ordes 2018-2022.

CE16C2F3_11936.jpeg

Aquí podes ler o II PIOM